CONFLITO COLECTIVO CONTRA ABANCA PARA QUE RECOÑEZA AS HORAS EXTRAS E COMPENSE GASTOS FORMACIÓN MIDIF II

O 28 de abril a CIG presentou papeleta de Conflito Colectivo contra Abanca, polos cursos de formación de prevención de branqueo de capitais e nomeadamente dos cursos certificacións EFPA.

Textualmente o que demandamos no Conflito Colectivo é:

a) Que o tempo dedicado polos traballadores e traballadoras a realizar cursos de formación, tanto presenciais como online, relacionados coa normativa de “branqueo de capitais” ou a normativa MIFID II ten a consideración de tempo de traballo efectivo e debe ser retribuído como tal. 

b) Que debe facerse cargo dos gastos debidamente acreditados en que incorran os traballadores/as como consecuencia de ditos cursos de formación, tais como cota da EFPA, compra da calculadora financeira, conexión a internet no seu domicilio ou impresión de manuais. 

c) Que, ao ter ditos cursos de formación a consideración de tempo de traballo efectivo, a su duración debe terse en conta aos efectos de xornada ordinaria de traballo, descanso entre xornadas, descanso semanal e horas extraordinarias, conforme a o previsto no artigo 34 do Estatuto dos traballadores e nos artigos 31 e 32 do Convenio Colectivo de caixas de aforro e entidades financeiras de aforro. 

d) Que o tempo dedicado a dita formación debe rexistrarse diariamente aos efectos de comprobar o adecuado cumprimento dos horarios pactados e dos límites citados no apartado anterior. 

e) Que entregarase a información correspondente a dita formación aos representantes legais dos traballadores e traballadoras. 


Comentarios